domingo, 6 de abril de 2014

Como, cho digo

Manipulamos un cartel da campaña "Como cho digo", engadindo unha nova imaxe e introducindo unha pequena modificación no anagrama: mediante a introdución dunha coma, pretendemos denunciar con sentido do humor os "pronomicidios" que habitualmente cometen algúns falantes na lingua galega:

Aprende léxico galego con Heidi

Editamos un capítulo de Heidi coa finalidade de utilizalo para aprender algún léxico galego de xeito entretido. A ver se vos gusta:
(Desde aquí podes acceder ó vídeo en youtube, por se prefires visionalo alí)